Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 10 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/248).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Udesa.

Domicilio social: r/ Madrid, 1 (As Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: C.T. e R.B.T. A Rúa-Arca.

Situación: O Pino.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 40 m de lonxitude, con orixe na liña A Lavacolla-Ponte Poñide e final no C.T. A Rúa-Arca, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV na Rúa-Arca, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.270 m de lonxitude, discorrendo polo lugar. O Pino.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 10 de xullo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña