Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 10 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/247).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Udesa.

Domicilio social: r/ Madrid, 1 (As Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: CC.TT. dos Ricos e O Calexo.

Situación: Visantoña (Mesía).

Descricións técnicas: dous centros de transformación, tipo aéreo, sobre apoios de formigón, que derivan da liña eléctrica a 20 kV igrexa-Visantoña. No lugar dos Ricos, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión en conductor R.Z., que se conecta á existente no lugar do Calexo de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión, que se conecta á rede existente. Mesía.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 10 de xullo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña