Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7013, XG-387, O Carballiño-A Pallota-Vilariño Frío, con anexos, por substitución da concesión V-7013; XG-387, O Carballiño-A Pallota, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 4 de xuño de 2001, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autocares Pérez, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7013 XG-387, O Carballiño-A Pallota-Vilariño Frío, con anexos, por substitución da concesión V-7013; XG-387, O Carballi-

ño -A Pallota, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-O Carballiño, Dacón, Maside, O Pazo, Mundín, Garabás, Castrelo, Paramios, Cea, Fondo de Cea, Lagoas, Loeda, Fontelo, Cruce Senra, Canices, Carballediña, A Pallota e Vilariño Frío.

-Cea, Covas, Ardesende, Martiñá, Agrosantiño, Vales, Monteagudo e Cazurraque.

-Castrelo, Louredo, San Baínto, San Paio, Piñeiro, Quintás, Canedo, Igrexa e O Pazo.

-Paramios, Casas Novas, Pereda, Faramontaos, Mandrás, Vilaseco e Biduedo.

-Maside, Negrelle, Santa Comba, Trevoedo, Lago, Lovada, Señorín, Instituto nº 1 (O Carballiño) e O Carballiño.

-Vales, Casar de María, As Laxas, Trabazos, Boulla, Tanxil, O Río, Betar, Senra e encrucillada Senra.

2. Prohibicións de tráfico.

-De e entre tódolos puntos da concesión situados na estrada N-525.

-De e entre tódolos puntos da concesión situados na estrada N-541.

3. Expedicións e calendario.

-Cazurraque-Vales-Boulla-encrucillada Senra-A Pallota-Vilariño Frío-A Pallota-Loeda-Cea-Garabás-Maside-Dacón-O Carballiño (58,8 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables en período non lectivo.

* Unha expedición de ida e volta os días 15, 16 e último día de cada mes que coincida en sábado laborable (feira no Carballiño).

-Caxurraque-Vales-Boulla-encrucillada Senra-A Pallota-Vilariño Frío-A Palota-Loeda-Cea-Garabás-Maside-Dacón-O Carballiño-Instituto nº 1 (O Carballiño) (59,3 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

* Unha expedición de volta os luns lectivos.

-Cazurraque-Vales-Covas-Cea (14,8 km).

* Unha expedición de ida e volta os mércores e venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta o día 6 de cada mes (feira en Cea) que sexa laborable e non coincida en mércores ou venres.

-Biduedo-Mandrás-Paramios-Cea (7 km).

* Unha expedición de ida e dúas de volta de luns a venres lectivos.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables en periodo non lectivo.

-Cea-Castrelo-Louredo-O Pazo-Maside-Trevoedo-O Carballiño (17,6 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

* Unha expedición de volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta os martes e xoves laborables en período non lectivo.

* Unha expedición de ida e volta os días 15, 16 e último día de cada mes que coincida en sábado laborable (feira no Carballiño).

-Cazurraque-Vales-Boulla-encrucillada Senra-A Pallota-Vilariño Frío-A Pallota-Loda-Cea (26,6 km).

* Unha expedición de ida os días 5 ou 6 de cada mes que coincida en sábado laborable (feira en Cea).

* Unha expedición de volta o día 6 de cada mes (feira en Cea), (se coincide en domingos pasa ó día anterior).

-Cea-Garabás-Maside-Dacón-O Carballiño (15,2 km).

* Dúas expedicións de ida e unha de volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida os sábados laborables.

4. Tarifas.

-Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,5463 pesetas.

* Tarifa usuario: 11,2845 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,5819 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes