Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada A Estrada-Padrón, con anexos: V-2702; XG-288.

A Dirección Xeral de Transportes, con data do 22 de xaneiro de 2001, resolveu autorizar unha modificación concesional (ampliación de tráficos) na concesión V-2702; XG-288, A Estrada-Padrón, con anexos, da titularidade de Expres de Vea, S.L.

A citada modificación afecta os puntos 2.1. Itinerarios, 2.2. Prohibicións de tráfico e 2.4. Expedicións e calendario do título concesional, outorgado mediante Orde do 4 de abril de 1995, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG nº 116, do 19 de xuño), quedando establecidos como a seguir se indica:

I. Itinerarios.

* A Estrada, Ponte Rodeiro, Toedo, Baloira, Nogueira, Souto de Vea, Reguengo, Bouzamar, Vilanova, Valcárceles, Santa María (Barcala), Trasande, Pontecesures e Padrón.

* Sieiro, Barro, Santa Cristina de Vea e Nogueira.

* Vilanova, O Rosallo, Trazarís, Ramiráns, Ribeira, Paramá, Celeirón, Chaín, Subión e Valcárceles.

* Ponte Rodeiro, Santa Baia, Gondomar, Dorelle e Trazarís.

* Trasande, A Retorta e San Miguel de Barcala.

II. Prohibicións de tráfico.

-De e entre A Estrada e Souto de Vea, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Souto de Vea e Ribeira, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Pontecesures e Padrón, puntos intermedios e viceversa.

III. Expedicións e calendario.

A Estrada-Baloira-Souto de Vea-Vilanova-Trazarís-Ribeira-Subión-Valcárceles-Trasande-San Miguel de Barcala-Trasande-Pontecesures.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Sieiro-Nogueira-Souto de Vea-Vilanova-Valcárceles-Trasande-Pontecesures-Padrón.

* Unha expedición de ida e volta os domingos.

A Estrada-Santa Baia-Vilanova.

* Unha expedición de ida e volta os domingos e mércores.

IV. Outras condicións.

Manteranse as mesmas que están establecidas na concesión V-2702; XG-288.

Contra a citada resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ou calquera outro recurso que en dereito estime oportuno.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes