Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.782

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 30 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para imparti-los módulos profesionais de realización en multimedia.

Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para impartir:

Módulo profesional: realización en multimedia.

Titulación:

-Licenciado.

-Acreditación coñecementos multimedia.

O prazo para presenta-la instancia solicitude, na consellería ou nas delegacións provinciais, será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó deste anuncio no DOG.

A selección realizarase, en función dos coñecementos que se acredite para imparti-lo módulo, por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que, no seu caso, poderá nomear asesores. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira, para efectos do previsto no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2001.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal