Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

De conformidade co disposto nos artigos 7 da Lei 39/1988 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación provincial, na sesión do día da data, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Carballeda de Avia, para a xestión tributaria e recadación do imposto sobre bens inmobles (IBI), nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta Corporación no Diario Oficial de Galicia do día 19 de setembro de 1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 20 de xullo de 2001.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense