Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 124 P.O.S. 2001 POL. Lea-Suegos alargamento e mellora p.k. 1-2,5026.000.0006 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría c

Nº 126 P.O.S. 2001 Samos. Samos-O Courel, alargamento e mellora29.500.0006 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría c

Nº 158 P.O.L. 2001 Vilalba. Saneamento e depuración da conca do regato do Santo no núcleo do Santo15.000.0006 mesesNon se esixe

Nº 182 P.O.L. 2001 O Incio. O Incio-Foilebar, acondicionamento e alargamento p.k. 0,0-0,5220.062.8009 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría c

Reparación de vías provinciais Monforte-Sober-Pantón, O Saviñao-Bóveda-A Pobra de Brollón67.777.6409 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría d

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato: a execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: o que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán consituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos s/n,.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 26 00 78.

e) Fax: 982 26 01 67.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se cita no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste

edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de 10 a 14 horas.

1º Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

2º Domicilio: r/ San Marcos s/n.

3º Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Esixirase rigorosamento o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións: nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios: correrán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 24 de agosto de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Francisco Javier Giménez Miralles

Secretario en funcións da Deputación Provincial de Lugo