Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto con trámite de urxencia, para subministración e instalación dunha campá húmida para prácticas de mergullo para o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

c) Número de expediente: 2001 12 0000942.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación dunha campá húmida para prácticas de mergullo para o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

b) División por lotes e número: non hai división por lotes.

c) Lugar de entrega: Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

d) Prazo de entrega: dous (2) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 17.000.000 de pesetas (102.172,06 euros) impostos incluídos.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

b) Enderezo: rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 61 39.

e) Fax: 981 54 61 38.

Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=708.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

2º Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se faga por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a adxudicación do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense segundo o establecido no parágrafo quinto do punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

Farase pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 10 horas do cuarto día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2001.

P.O.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería

de Pesca, Marisqueo e Acuicultura