Esta Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, do seguinte contrato de obras:
Reforma do Liceo Recreo Ourensán: acceso principal e cuberta.
-Orzamento de licitación: vintecatro millóns novecentas noventa e oito mil oitocentas cincuenta e seis pesetas (24.998.856 pesetas), IVE incluído.
-Prazo de execución: tres (3) meses.
-Garantía provisional: dispensada.
-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría d.
-Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 59 99 24. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:
http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N
=706.
-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.
-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.
-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do sétimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.
O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2001
P. D. (Orde 15-12-1997)
Andrés González Murga
Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo