Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado L.M.T. de derivación ó C.T. de Modia, no concello de Cambados, a favor da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (Expediente 77/1999 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalaciónes eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia, que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 8 de setembro de 2000 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico) que o día 13 de setembro de 2001, a partir das 10 horas, procederase sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Cambados, sinalados cos números:

Predios: 1-40.

Hora: 10.

Día: 13-9-2001.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 18 de xullo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/77Provincia: Pontevedra

L.M.T. derivación a C.T. ModiaTermo municipal: Cambados

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4BauloLabradíoBenito Piñeiro PiñeiroVicente Risco, 32

36630 Cambados

484

38SeiriñaLabradíoBenito Pazos FuentesCalago, 24

36620 Vilanova de Arousa

665