Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se abre información pública para a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita para efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente IN661A 99/9-4).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a seguinte solicitude:

Solicitante: Eólicos Touriñán, S.A.

Domicilio social: Ruibo, s/n, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: parque eólico Touriñán III.

Concellos afectados: A Estrada, Cercedo, Cuntis e Campo Lameiro.

Superficie afectada: 167,8785 ha.

Coordenadas UTM (x, y):

V (541.402,88, 4.715.884,13); V (541.518,09, 4.715.884,13)

V (541.721,90, 4.715.227,48); V (541.381,96, 4.714.887,75)

V (541.498,54, 4.714.231,27); V (540.815,90, 4.713.687,63)

V (540.659,09, 4.714.397,81); V (541.122,01, 4.714.776,34)

V (541.147,56, 4.715.122,27); V (540.865,61, 4.715.449,55)

V (543.170,12, 4.713.767,73); V (543.333,24, 4.714.024,36)

V (543.772,40, 4.714.304,86); V (544.074,72, 4.714.109,97)

V (544.041,79, 4.713.974,32); V (543.485,05, 4.713.901,69)

V (543.597,75, 4.713.279,50); V (543.292,51, 4.712.909,88)

V (542.782,15, 4.712.937,32); V (543.265,05, 4.713.519,99)

Potencia que se vai instalar: 20 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, sita na rúa Eduardo Pondal, nº 64, de Pontevedra.

Pontevedra, 28 de setembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra