Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.720

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2001 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería eléctrica, do departamento de Enxeñería Eléctrica, a Carlos Garrido Suárez (praza 46/2000).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución da Universidade de Vigo do 20 de novembro de 2000 (BOE do 9 de decembro), para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería eléctrica, do departamento de Enxeñería Eléctrica, en prol de Carlos Garrido Suárez, con documento nacional de identidade número 35256172-R, e cumprindo o interesado os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Carlos Garrido Suárez catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería eléctrica, do departamento de Enxeñería Eléctrica.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non se dicte resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 26 de xullo de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo