Convocado o concurso por resolución da Universidade de Vigo do 17 de agosto de 2000 (BOE do 6 de setembro) para unha praza do corpo de catedráticos de universidade da área de coñecemento de historia antiga, adscrita ó departamento de Historia, Arte e Xeografía, e logo de efectuada pola comisión encargada de resolvelo proposta de non provisión da praza, de acordo co artigo 11, punto 1, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro),
Este rectorado resolveu dar por concluído o procedemento e declarar deserta a praza do corpo de catedráticos de universidade anteriormente citada.
Vigo, 20 de xullo de 2001.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo