Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.719

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2001 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación, a Víctor Manuel Gulías Fernández.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 6 de outubro de 2000 (BOE do 26 de outubro), para a provisión da praza número 00/050 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, del departamento de Computación desta universidade, a favor de Víctor Manuel Gulías Fernández, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Víctor Manuel Gulías Fernández, profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación desta universidade.

A Coruña, 26 de xullo de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña