1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: seguridade. Nº de expediente: 66137/210.
2. Obxecto do contrato: descrición: subministración e instalación dunha cámara de CCTV e semáforos en vías públicas do Concello de Vigo.
Unidades que se entregarán: véxanse as condicións técnicas.
Lotes: si, dous lotes.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de entrega: lote 1: 3 meses, lote 2: 2 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: lote 1: 4.999.160 pesetas (30.045,55 euros), lote 2: 7.692.581 pesetas (46.233,34 euros).
5. Garantía: provisional: dispensada.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.
Data límite para solicita-la documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.
Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Outras informacións:
11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.
Vigo, 21 de agosto de 2001.
Xabier Toba Girón
Alcalde accidental