Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da prestación do servicio de desenvolvemento do programa Deporte para Persoas Maiores.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: benestar social. Nº de expediente: 9449/301.

2. Obxecto do contrato: descrición: prestación dos servicios de desenvolvemento do programa Deporte para Persoas Maiores.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo: dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 5.000.000 de pesetas/ano (30.050,61 euros/ano).

5. Garantía: provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicita-la documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 21 de agosto de 2001.

Xabier Toba Girón

Alcalde accidental