Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicios, Obras e Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: este contrato ten por obxecto a ampliación da rede de auga potable en Mandiá.

b) Prazo de execución: un mes.

3. Financiamento do contrato: o contrato financiarase con cargo á partida 13000-4411-60100 do orzamento xeral en vigor.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación do expediente: trámite ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

5. Orzamento base de licitación:

Sinálase como tipo de licitación: 10.167.046 pesetas, incluído o IVE (61.105,18 euros).

6. Clasificación: non se esixe.

7. Garantía:

Provisional: 203.341 pesetas.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Dependencia: Obras e Contratación.

c) Domicilio: praza de Armas, s/n.

d) Localidade e código postal: Ferrol-15402

e) Teléfono: 981 33 67 05.

f) Fax: 981 33 67 47.

g) Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio de licitación no DOG (se coincidise en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ata o seguinte día hábil).

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación das ofertas: rexistro xeral do Concello de Ferrol, das 9 ás 13 horas os días hábiles, durante o prazo de presentación de ofertas. Así mesmo, poderán presentarse nas oficinas de correos, nas representacións diplomáticas ou nas oficinas consulares de España no estranxeiro segundo se establece na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares

d) Domicilio: praza de Armas, s/n.

e) Localidade e código postal: Ferrol-15402.

f) Teléfono: 981 33 67 03.

g) Fax: 981 35 41 22.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Domicilio: praza de Armas, s/n.

c) Localidade: Ferrol

d) Data: o día que oportunamente se lle sinale ós licitadores.

e) Hora: a que oportunamente se sinale ós licitadores.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 18 de xullo de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde