Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO da modificación das bases do XV Premio Internacional de Gravado Máximo Ramos, publicadas no Diario Oficial de Galicia do 14 de maio de 2001.

O Concello Pleno, en sesión do día 31 de maio de 2001, acordou a modificación das bases do XV Premio Internacional de Gravado Máximo Ramos, sendo a parte dispositiva do acordo modificada a seguinte:

Primeiro.-Engadir unha cláusula co número 4 (e, en consecuencia, correr tódolos demais) que di así: «4. A Fundación CIEC concede dous accesits, equivalentes a dúas bolsas de 15 días para os cursos de

verán ou de Semana Santa nos talleres do centro, así como a estadía dos bolseiros».

Segundo.-Engadirlle á cláusula 17 o seguinte: «un representante da Fundación CIEC».

Casa do Concello, 2 de xullo de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde