Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 22 de agosto de 2001, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso das obras de acceso ós núcleos de poboación do Corgo:

1) De Casisaldo e Alence.

2) de Chousa e Abragán.

Os citados pregos estarán exposto ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles.

Obxecto do contrato: acceso ós núcleos de poboación do Corgo:

Obra nº 1, Casisaldo e Alence

Obra nº 2, Chousa e Abragán.

Lugar de execución: concello do Corgo.

Prazo de execución: tres meses.

Orzamento de licitación.

Obra nº 1, 8.937.407 pesetas, IVE incluído.

Obra nº 2, 6.378.395 pesetas, IVE incluído.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Garantías: provisoria: obra nº 1, 178.748 pesetas.

Obra nº 2, 127.568 pesetas.

Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello do Corgo (Lugo).

Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP de Lugo ou no DOG.

O Corgo, 22 de agosto de 2001.

P.D.

Felipe Labrada Reija

Primeiro tenente alcalde