Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

INFORMACIÓN pública.

De conformidade con canto se establece no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, por medio do presente anuncio faise público que o Pleno do Concello, na súa sesión do 30 de marzo de 2001, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal, acordo que na súa parte dispositiva resulta do teor literal seguinte:

«Logo dunha breve deliberación e existindo coincidencia entre tódolos grupos políticos sobre a modi

ficación que se pretende, o Pleno do Concello, por unanimidade e en votación ordinaria, acorda:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal, co seguinte contido.

Modificación única: variación da delimitación do solo urbano para amplia-lo solo dotacional de equipamento docente (E-1) no contorno do instituto.

Segundo.-Que no presente acordo, na súa parte dispositiva, xunto co articulado das normas se publique no BOP, en cumprimento de canto se establece no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, publicada, así mesmo, no DOG, de conformidade con canto establece o artigo 48.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Terceiro.-Achegar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a documentación a que fai referencia o artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia».

Entrada en vigor: a modificación aprobada entrará en vigor unha vez publicada no BOP de Lugo e de que transcorra o prazo a que se refire o artigo 48.3º da Lei do solo de Galicia.

Recursos: contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, diante da sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Becerreá, 14 de agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado