Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 11 de xullo de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de resolución de recurso extraordinario de revisión do expediente sancionador PO-0850-1999.

De conformidade co disposto no artígo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), notifícase ás persoas que se citan a seguir, a resolución dos recursos extraordinarios de revisión dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os interesados dispoñen dun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á publicación deste edicto, para interpoñeren recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda, de conformidade co disposto nos artigos 8.1º e) e 14.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O expediente relacionado a seguir atópase ó dispor dos interesados na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra, sita na r/ Palma nº 4-Vigo.

Nº de expediente: PO-850-99.

Denunciado: Paulina Cancelo Bouzas.

Enderezo: Paseo do Mirador, 36-36612 Catoira-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.1º e 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Resolución: inadmitido.

Vigo, 11 de xullo de 2001.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo