Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 11 de xullo de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de recursos de alzada de expedientes sancionadores (PESAN1 00/000334-5 y otro más).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, r\ Palma, 4.

-Nº de expediente: PESAN1 2000/000334-5.

Denunciado: José Torres Padin.

DNI: 35446949.

Enderezo: Cores, 30 Vilanova de Arousa.

Precepto infrinxido: 6.10º.

Sanción: 35.000 pesetas, 210,35 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000551-5.

Denunciado: Antonio Méndez Gallo.

DNI: 35985077.

Enderezo: Urzaiz 76-baixo, Vigo.

Precepto infrinxido: 6.12º.

Resolución: inadmitido por extemporáneo.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), a devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0501/66/3110000041 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo, título da conta «Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións», nos prazos establecidos no Regualmento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 11 de xullo de 2001.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo