Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de xullo de 2001, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00073-I-2001 e dous máis).

Por medio desta cédula notificánselles ós denunciados cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral

de Transportes dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 0182.5947.14.0200002630 do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2001.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00073-I-2001

LU-8057-M

LE90R0033251838

Manuel Joaquín Fernandes Marques

Vilachá Cangas de Foz, 3

27780 Foz (Lugo)

Realizar transporte de mercadorías (peixe) co vehículo matrícula LU-8057-M carecendo de autorización administrativa para realizar transporte e do certificado de autorización especial para o transporte de mercadorías perecedoiras.

15-2-2001; 12.25; N-640; 52

Art. 103 da Lei 16/1987 e art. 158 do R.D. 1211/1990. Art. 7 do R.D. 237/1990, do 18 de febreiro, sobre transporte de productos alimentarios a temperatura regulada (BOE nº 65, do 16 de marzo)Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

75.000 ptas.
DX-00107-I-2001

O-8599-CD

3326014268A7286

Francisco Javier Pedrosa Cuyas

Muñoz Degrain, 18-2º

330 Oviedo (Asturias)

Realizar transporte de mercadorías (mostrario de roupa deportiva) co vehículo matrícula O-8599-CD carecendo de autorización administrativa.

12-3-2001; 11.45; N-640; 52

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00153-I-2001

3244826057A2053

Alfonso Álvarez Pedrales

Atios-Eidos, 43

36418 O Porriño (Pontevedra)

Da análise dos discos-diagrama (vehículo PO-8998-AS) do aparello de control tacógrafo, no seu día requiridos por este Servicio de Inspección, constátase o seguinte:-A. Moure efectúa unha conducción de 5.30 h o 6-8-2000 cunha interrupción de só 24 m.-A anotación final do disco con data 10-8-2000 é de 774.817 km e a anotación inicial do disco seguinte (11-8) é de 775.508 km. A anotación final do disco con data 6-9-2000 é de 780.999 km e a anotación inicial do disco seguinte (8-9) é de 781.924 km. A anotación final do disco con data 11-9-2000 é de 782.365 km e a anotación inicial do disco seguinte (14-9) é de 783.738 km. Todo eso supón a carencia dun número indeterminado de discos e dun total por xustificar de 2.983 km.

23-4-2001; 12

Art. 14 R(CE) 3821/1985.

Art. 7 R(CE) 3820/1985

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

240.000 ptas.