Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de xullo de 2001, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de imposición de sancións pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Agustín Fernández Domínguez).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de imposición de sancións pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 ent., Ourense, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 19 de xullo de 2001.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Agustín Fernández Domínguez

DNI: 34603903-N

Feira Vella-Entrimo-Ourense

Acordo imposición de sanción

Exp. 579/2001

Liq. 10002478