Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 17 de xullo de 2001, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de liquidacións derivados de actas de desconformidade, así como apertura de expediente sancionador, pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Juan González Vázquez).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acuerdos de liquidacións derivados de actos de desconformidade, así como apertura de expediente sancionador pendentes de notificar despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da Inspección dos tributos, y artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 ent., Ourense, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 17 de xullo de 2001.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Juan González Vázquez

DNI: 34387168-Y

Av. Caldas, 1-1º B

Ourense

Imposto s/patrimonio

Acta A02 nº 70358925

Anos 96, 97 e 98

Exp. nº 405/2001