Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.657

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (260/2000).

Eu, Juan Rey Pita, secretario en funcións do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 260/2000 por instancia de Manuel Graña Ameneiros sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que, estimando en parte a demanda formulada por Manuel Graña Ameneiros contra a empresa José Luis Otero López (Café Bar Otero) condeno a empresa José Luis Otero López (Café Bar Otero) a aboarlle a cantidade de 804.571 pesetas.

Así, por esta miña sentencia contra a que se poderá recorrer suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social número catro da Coruña o resgardo acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o resgardo na

secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse tal depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, da que unirá certificación os autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa José Luis Otero López (Café Bar Otero) expido e asino esta cédula na Coruña o 24 de xullo de 2001.

O secretario-xudicial

Rubricado