Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.657

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (27/2001).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de faltas número 27/2001, por ameazas, nos que recaeu sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela, 11 de maio de 2001.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os autos de xuízo verbal de faltas número 27/2001, seguidos neste xulgado sobre ameazas, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciante Ramón Vicente Moure Iglesias e a denunciada Belén Durán Boonomo.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Belén Durán Boonomo da falta de ameazas pola que foi denunciada, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación ó denunciante Ramón Vicente Moure Iglesias, actual

mente en paradoiro descoñecido, expido, selo e asíno esta cédula en Santiago de Compostela o 18 de xullo de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado