Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.655

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2001 pola que se fan públicos os membros integrantes da Xunta Electoral de Galicia.

Disolto o Parlamento de Galicia e convocadas eleccións a el polo Decreto 199/2001, do 27 de agosto, a Xunta Electoral de Galicia constituída o día 22 de maio de 1998 asume, a partir da entrada en vigor do referido decreto, o pleno exercicio das facultades establecidas pola lexislación electoral vixente, na súa sede no Tribunal Superior de Xustiza, na cidade da Coruña, e coa composición seguinte:

Presidente: Jesús Souto Prieto.

Vicepresidente: Miguel Ángel Cadenas Sobreira.

Vocais:

Miguel Ángel Fernández Otero.

Antonio Xabier Ferreira Fernández.

Ángel Gómez-Iglesias Casal.

Benigno López González.

Jesús Martínez Girón.

José Antonio Portero Molina.

Pablo Saavedra Rodríguez.

Secretario: José Ramón Cólera Leirado

A Coruña, 28 de agosto de 2001.

Jesús Souto Prieto

Presidente