Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRASMIRAS

EDICTO.

O Pleno deste concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de xuño de 2001, acordou expoñer ó público novamente o proxecto de ordenación de medio rural do Concello de Trasmiras, que foi informado polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 9 de xaneiro de 2001.

De conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese

o trámite de información pública, para que durante o prazo dun mes os interesados que o desexen poidan examinar todo o expediente e formular por escrito cantas alegacións coiden convenientes. Este prazo dun mes empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.

Trasmiras, 9 de xuño de 2001.

Jaime Garrido Sotelo

Alcalde