Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobado polo alcalde deste concello o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso por procedemento

aberto (tramitación urxente) para contrata-la obra que no punto 2 se indica, expóñese ó público polo prazo dos oito días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Simultaneamente anúnciase o concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Alcaldía. Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto, prezo e prazo de execución. Acceso barrio Igrexa Sta. Mª de Tebra desde estrada Gondomar ata Colexio Tebra, cun orzamento de 17.070.794 pesetas (non se admiten baixas) e un prazo de execución de 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Fianzas. Provisional: non se esixe. Definitiva: 682.832 pesetas.

5. Obtención da documentación e información. Secretaría do concello, praza de Calvo Sotelo, 36740 Tomiño; teléfono 986 622 001/fax 986 622 530, ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: G-6-c, e os restantes requisitos e criterios de selección especificados no prego.

7. Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das 9 ás 14 horas (luns a venres) e de 11 a 13 horas os sábados.

8. Apertura de ofertas. Pola mesa de contratación e de conformidade co establecio no prego.

9. Gastos dos anuncios. Por conta do adxudicatario.

Tomiño, 22 de agosto de 2001.

P.O.

Roberto Miranda Álvarez

Concelleiro de Obras e Medio Ambiente