Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, na sesión do día 29 de marzo de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle do solo urbanizable non programado número 27 (SUNP-27) de Piñeiro, promovido por Lorygar, S.L. e Cumega, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP nº 159, do día 12 de xullo de 2001, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo