Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 167, do 21 de xullo de 2000, publícanse as bases xerais da convocatoria de prazas incluídas na oferta de emprego público deste concello do ano 2000, e nos boletíns oficiais da provincia nº 125, do 2 de xuño de 2001, e 135, do día 14 seguinte (con corrección de erros no nº 154, do 6 de xullo do ano 2001), as bases específicas que rexerán a provisión en propiedade das prazas da citada oferta que a seguir se relacionan:

Persoal funcionario de carreira:

A) Ingreso. Sistema selectivo: oposición libre.

* Técnico superior en medio ambiente. Grupo A. Vacantes: unha.

* Técnico de xestión tributaria. Grupo B. Vacantes: unha.

* Auxiliar administrativo. Grupo D. Vacantes: tres.

* Músico. Grupo C. Vacantes: sete.

* Bombeiro-conductor. Grupo D. Vacantes: catro.

* Garda da policía local. Grupo D. Vacantes: cinco.

B) Promoción interna.

* Administrativo. Grupo C. Vacantes: cinco.

* Conserxe. Grupo D. Vacantes: dúas.

* Músico. Grupo B. Vacantes: catro.

* Músico. Grupo C. Vacantes: unha.

* Cabo Servicio Extinción de Incendios. Grupo D. Vacantes: dúas.

* Suboficial Policía local. Grupo C. Vacantes: unha.

Persoal laboral.

Sistema selectivo: concurso-oposición.

* Técnico Educación e Mocidade. Nivel de titulación: superior. Vacantes: unha.

* Médico Unidade Asistencia a Drogodependentes. Nivel de titulación: superior. Vacantes: unha.

* Técnico en programación e animación sociocultural. Nivel de titulación: superior. Vacantes: unha.

* Psicólogo da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Nivel de titulación: superior. Vacantes: unha.

* Avogado do Departamento da Muller e Servicios Sociais. Nivel de titulación: superior. Vacantes: unha.

* Asistente social. Nivel de titulación: diplomado universitario. Vacantes: catro.

* Animador sociocultural. Nivel de titulación: bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalentes. Vacantes: dúas.

* Auxiliar administrativo Unidade Asistencia a Drogodependentes. Nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalentes. Vacantes: unha.

* Auxiliar administrativo Muller e Servicios Sociais. Nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente. Vacantes: unha.

* Mecánico-conductor. Nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente. Vacantes: unha.

* Conductor de pa. Nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente. Vacantes: unha.

* Monitor ocupacional. Nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente. Vacantes: unha.

O prazo de presentación de solicitujdes será o de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados coa presente convocatoria publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado