Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 12 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU 028/01C, por infracción da Lei de caza.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo).

Noméase instructora dos expedientes a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán

dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, formular alegacións, achega-los documentos que consideren convenientes na súa defensa e propoñer probas concretando os medios de que pretendan valerse.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 12 de xullo de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 028/01C.

Denunciado: Antonio Saco Rodríguez.

DNI: 34228854.

Último enderezo coñecido: rúa das Curruxeiras, 22. Ourense.

Feito denunciado: cazar no couto de caza OR-10228 sen acreditar estar en posesión do permiso do couto.

Preceptos infrinxidos e sancionadores: artigo 58.27º da Lei de caza de Galicia.

Sanción: de 100.001 pesetas, retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante un ano e un día.