Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.538

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2001 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 326/1996, do 18 de abril, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/4827/1994, interposto por Eduardo Canabal Sanz contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición interposto contra a resolución do Consello da Xunta de Galicia de data 29 de abril de 1993 (DOG do 10 de maio) pola que se aproba o proxecto de readaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo á Lei de adaptación da do solo a Galicia, en canto afecta os terreos incluídos e delimitados na unidade de actuación Punta Pinos e Porto.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve dar publicidade á parte dispositiva da sentencia 326/1996, do 18 de abril de 1996, que a seguir se transcribe:

«Decidimos: que debemos estimar e estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Eduardo Canabal Sanz contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición deducido contra resolución do Consello da Xunta de Galicia de data 29 de abril de 1993, pola que se aproba o proxecto de readaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo á Lei de adaptación da do solo a Galicia, en canto afecta os terreos incluídos e delimitados na

unidade de actuación Punta Pinos e Porto; anulamos parcialmente a dita resolución por ser contraria a dereito, debéndose dar cumprimento ás reservas de aparcamento previstas no artigo 30.1º c) da Lei de costas».

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda