Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para o subministración e instalación de equipamentos de salvamento e socorrismo nas praias do Concello de Sanxenxo, ponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria de concurso para a contratación da devandita subministración.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sanxenxo.

b) Dependencia que tramita o expediente: sección de obras municipais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: subministración e instalación de equipamentos de salvamento e socorrismo nas praias do Concello de Sanxenxo.

b) Lugar de execución: Sanxenxo.

c) Prazo de execución: 15 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 16.077.349 pesetas.

5. Garantías.

Provisoria: 321.547 pesetas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Sección de Obras Municipais do Concello de Sanxenxo, rúa Consistorio, 4-6, 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Teléfono: 986 72 00 75/986 72 00 76. Fax: 986 72 10 22.

Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros: acreditar solvencia técnica e financeira.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: a que resulte de contar 8 días naturais dende o seguinte á última publicación deste anuncio, sexa no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a descrita no respectivo prego de cláusulas.

c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade e domicilio: ver punto 6.

b) Data: no primeiro día laboral seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación: cláusula 2 do prego de respectivo.

11. Gastos de anuncios.

A conta do adxudicatario.

Sanxenxo, 13 de agosto de 2001.

Telmo Martín González

Alcalde