Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión do día 18 de xuño de 2001, acordou someter a información pública e introducir varias modificacións no proxecto de compensación do polígono A do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 10 (SUNP-10) das Arrepentidas, que se incorporarán no acto da súa aprobación definitiva polo concello.

O ámbito do polígono A, cunha superficie total de 7.354,80 m atópase delimitado ó norte pola rúa das Oblatas (antes corredoira das Arrepentidas); ó sur, por traseiras de edificios existentes con fronte as rúas de San Lourenzo e Poza de Bar (número 60 e 58); ó leste polos edificios número 6 da rúa das Oblatas, e números 56 de Poza de Bar; ó oeste, pola parcela do Hostal de San Lourenzo, o paseo das Oblatas, e o convento do mesmo nome.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, ó que se remite o 133.8º da mesma lei, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo