Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2001 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación ordinaria para a contratación dunha asistencia técnica para a inspección física de empresas con expedientes tramitados na área de financiamento do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto e tramitación ordinaria para

a contratación dunha asistencia técnica para a inspección física de empresas con expedientes tramitados na área de financiamento do Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), complexo administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 16 93, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: C.P. nº 12/2001.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para a inspección física de empresas con expedientes tramitados na área de financiamento do Igape. A primeira fase da contratación estará encamiñada ó desenvolvemento dun manual de procedemento, que contemple as actuacións que se vaian seguir na revisión dos expedientes. A segunda fase consistirá na inspección física dos investimentos do proxecto aprobado e revisión da contabilidade da empresa na parte referida ó proxecto de investimento subvencionable.

Prazo de execución e vixencia: os establecidos na oferta técnica do adxudicatario. En todo caso o prazo máximo será dun ano desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 6.500.000 pesetas. (seis millóns cincocentas mil pesetas), IVE incluído; equivalentes a 39.065,79 euros.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación (130.000 pesetas)

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Enderezo: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Páxina web: www.xunta.es/contratación.

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo día natural seguinte ó da publicación do anuncio do concurso

no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do remate do prazo de presentación de ofertas e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apeartura das ofertas.

9. Variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: na sede do Igape en Santiago de Compostela, en acto público ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12 horas do quinto día hábil seguinte da apertura da documentación administrativa e técnica procederase á apertura das ofertas económicas. De coincidir en sábado os días sinalados, a apertura trasladarase ó día hábil seguinte.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica