Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 5 de xullo de 2001 de notificación de proposta de resolución do expediente sancionador DH.D15.13344.

Por medio do presente edicto faise saber que por parte do instructor de Augas de Galicia se dictou proposta de resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente ás infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da proposta de resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, encóntrase á súa disposición nas oficinas do Servicio Territorial de la Demarcación Galicia Norte do Organismo Autónomo Augas de Galicia na Coruña (rúa Wenceslao Fdez. Flórez, 1-2º), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta proposta de resolución, o interesado poderá formular alegacións no prazo de quince días contado desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ante o devandito servicio territorial.

A Coruña, 5 de xullo de 2001.

Luis Villarroya Lozano

Instructor

ANEXO

Expediente número: DH.D15.13344.

Persoa interesada: Portobravo, S.L., cámping La Cascada.

Domicilio que consta no expediente: Balteiro-Aguiño, 15960 Ribeira.

Acto administrativo: proposta de resolución de data 5-6-2001.

Preceptos infrinxidos: artigo 315 c) e 315 j) do Regulamento do dominio público hidráulico.

Sanción proposta: 75.000 pesetas (setenta e cinco mil pesetas).