Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte denominado Labureiro, a favor dos veciños dos lugares de Souto e Baleiras, parroquia da Piteira, no concello do Carballiño.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o catro de xullo de dous mil un, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común denominado Labureiro, a solicitude dos veciños dos lugares de Souto e Baleiras, da parroquia da Piteira, Concello do Carballiño (Ourense).

Resultando que con data 11 de outubro de 1999 tivo entrada no rexistro da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente en Ourense escrito dirixido ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños dos lugares de Souto e Baleiras, concello do Carballiño (Ourense), solicitando que se declare o monte Labureiro como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial, en sesión celebrada en data 18 de maio de 2000, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte designando instructores a Miguel Ángel González Trigás e a

Miriam Areal López, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade do Carballiño e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños dos lugares de Souto e Baleiras, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello do Carballiño, delegación provincial á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, á Xerencia Territorial do Catastro, á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, e ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello do Carballiño, durante o prazo dun mes segundo consta en dilixencia expedida ó dorso do edicto polo secretario do citado concello, que durante o prazo sinalado en edictos para que os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade do Carballiño como segue:

Asento número 414, do diario 33, anotación letra A a favor de Souto e Baleiras, parroquia da Piteira, facendo consta-la existencia do expediente de iniciación de clasificación do predio coma monte veciñal en man común e que o predio pode quedar afectado pola resolución final daquel que con data do 18 de maio de 2000, se iniciou no folio 61, do libro 137 do tomo 481, predio 19.152.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1. Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais;

2. Que, polo tanto, o número de titulares é variable e indeterminado;

3. Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano;

4. Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable; e

5. Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividumdo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermá

nica polos veciños dos lugares de Souto e Baleiras, parroquia da Piteira, no concello do Carballiño.

Considerando que da investigación sobre o terreo, así coma da información recollida no expediente, resulta que o monte obxecto de clasificación no seu linde norte non alcanza o termo municipal do Irixo senón que existen entre ambos propiedades particulares.

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños dos lugares de Souto e Baleiras están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que, segundo o teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños de Souto e Baleiras, para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro.

Visto o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado Labureiro, de 28,5 ha, aproximadamente de superficie a favor dos veciños dos lugares de Souto e Balieras, parroquia da Piteira, no concello do Carballiño (Ourense), como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello: O Carballiño (Ourense).

Denominación: Labureiro.

Comunidade propietaria: veciños dos lugares de Souto e Baleiras (parroquia da Piteira).

Superficie: 28,5 ha aproximadamente.

Estremas:

Norte: propiedades particulares de Ramón Lorenzo de la Torre, Ventura González Ferreiro, fillos de Hermesindo Muleiro, Daniel Lorenzo Dacal, fillos de Manuel Romero e José Bueno Pirón.

Sur: predios privados en termos de Souto-Baleiras de Ventura González, José Manuel González, Rogelio Pérez, Aquilino Lorenzo Novoa, e Dolores Lorenzo Marnotes.

Leste: monte comunal do lugar de Xuio (Lobás).

Oeste: monte comunal dos lugares de Zafra e A Lama (A Piteira).

No dito monte existen catro marcos debidamente sinalados. Dúas fontes igualmente sinaladas no mapa e un camiño xeral de servicio que o percorre en toda a súa extensión, en dirección sur-norte.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíqueselle esta resolución ó alcalde-presidente do Concello do Carballiño, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que por orde do presidente se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 4 de xullo de 2001.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense