Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.396

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 6 de xullo de 2001, da Dependencia de Recadación da Coruña, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os dous intentos realizados, cítase o interesado que figura neste anuncio, para que no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar, persoalmente ou mediante representante, as notificacións que se indican, na Delegación Especial da A.E.A.T. na Coruña, sita na rúa Comandante Fontanes, 10 A Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

Interesado: Motorauto.

NIF:

Procedemento: administrativo de constrinximento (Recadatorio).

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: Dependencia Rexional de Recadación. Delegación Especial da A.E.A.T. en Galicia. r/ Comandante Fontanes, 10-5º (A Coruña).

A Coruña, 6 de xullo de 2001.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación