Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS SANTA ÁGUEDA

ANUNCIO.

O Pleno da Mancomunidade en sesión do día 6 de agosto de 2001, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto polo trámite urxente para a contratación por concurso da subministración de dous vehículos tractores con desbrozadora, o cal se expón ó público polo prazo de catro días hábiles contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público polo trámite urxente, se ben, a licitación se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Mancomunidade Santa Águeda.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato-descrición.

Dous vehículos tractores con desbrozadora coas seguintes características:

a) Vehículo tractor:

* Motor

-Potencia: (mínima) 140 C.V.

-Por máximo: 500 Nm (a 1.300-1.400 r.p.m.).

-6 cilindros (mínimo): 6.600 c.c.

-Con filtro de aire.

* Chasis

-Ríxido de alta resistencia e de aceiro.

-Eixo dianteiro articulado.

-Cabina abatible.

* Transmisión e caixa de cambios

-Embrague accionamento hidráulico ou electrohidráulico.

-Mínimo 20+20 velocidades.

-Velocidades de alomenos 0,4 km/h, ata 40 km/h.

* Toma de forza

-Disco de embrague propio.

-Mínimo dúas velocidades (540/100 r.p.m).

* Equipo hidráulico

-Forza alzamento: mínimo 6.900 kg.

-Bomba: caudal mínimo de 95 l/minuto.

Apeiros:

a) Cabrestante

-Forza tiro mínima: 3000 Ug.

-Mínimo 60 m. Lonxitude: 14 mm.

b) Desbrozadora de cadeas

-2 Rotores.

-4 cadeas rotor.

-Largo traballo: 2,40 m.

c) Desbrozadora de brazo

-Alcance: 4,5-5,5 m.

-Cabeza reversibel: 1,15-1,20 corte.

d) Pa Bulldozer

-Largo labor: 1,80-2,00 mt, de 4 movementos.

Prezo máximo de licitación: 28.000.000 de pesetas (168.283,39 euros), IVE incluído.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información

a) Entidade: oficinas Mancomunidade Santa Águeda.

b) Domicilio: Vilarchao.

c) Localidade: Vilarchao, Concello de Coles, C.P. 32152.

d) Teléfono: 988 20 51 99.

e) Fax: 988 20 51 99.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte na citada contratación, dentro dos trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 8ª do prego.

c) Lugar de presentación: oficinas Mancomunidade Santa Águeda.

7. Apertura de ofertas.

a) Entidade: oficinas da Mancomunidae Santa Águeda.

b) Data: ás trece horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

8. Gastos do anuncio.

Os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Coles, 8 de agosto de 2001.

Manuel Fernández Rincón

Presidente