Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2001 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación mediante concurso das obras de reforma e melloras nos circuítos de iluminación pública da zona rural do concello de Pontevedra: parroquias de Mourente, Salcedo, Campañó, Ponte Sampaio, Os Praceres, Alba e Tomeza.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: comisión de goberno.

2. Obxecto: a) Descrición: execución das obras do proxecto. b) Prazo: sesenta días.

3. Tramitación, procedemento e forma: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento: 25.545.212 pesetas, IVE incluído e todo xénero de gastos.

5. Clasificación do contratista: grupo i, subgrupo 9, categoría d.

6. Garantías: provisional: 510.904 pesetas, definitiva: 4% do importe de adxudicación.

7. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación, no prazo de vinteseis (26) días naturais a partir do seguinte ó da publicación no DOG.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello (horario de 9 a 13 horas).

9. Apertura das ofertas: o día seguinte hábil ó do remate do prazo.

10. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

a) Ampliación do número de circuítos para reformar ou instalar novos: ata un 40%.

b) Mellora que introducir no proxecto para conseguir un aforro enerxético para instalar polo adxudicatario e outras melloras ofertadas polo licitador: ata un 30%.

c) Mantemento da obra executada e prazo de garantía: ata un 10%.

d) Calidade dos materiais ofertados polo licitador: ata un 10%.

e) Reducción do prazo de execución: ata un 10%.

Pontevedra, 8 de agosto de 2001.

Miguel Anxo Fernández LoresAdolfo Castro Pérez

AlcaldeSecretario acctal.