O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a execución da obra seguinte:
Obxecto: beirarrúas en avda. Ramón Núñez Montero en Oleiros (A Coruña).
Orzamento de licitación: 18.537.792 pesetas (IVE incluído).
Fianzas.
-Provisional: non se esixe.
-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Prazo de execución: tres meses.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de vinteseis días (26) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.
Prego de condicións: poderá recollerse na secretaría xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.
Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
Oleiros, 7 de agosto de 2001.
Esther Pita Pita
Alcaldesa