Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Agrupación para a Defensa Sanitaria de Gando Aviar do Sur de Pontevedra (Avipolo-Sur).

De conformidde co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Agrupación para a Defensa Sanitaria de Gando Aviar do Sur de Pontevedra (Avipolo-Sur), que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial (sur).

Profesional: representación, coordinación, fomento e defensa dos intereses profesionais e económicos dos gandeiros asociados, particularmente nos aspectos relacionados co nivel sanitario e zootécnico das súas explotacións gandeiras.

Asinan a acta de constitución: Mª Esther Ojea Rodríguez e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 4 de xullo de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra