Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios de Limpieza y Mantenimiento de Edificios y Locales de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve-

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios de Limpieza y Mantenimiento de Edificios y Locales de Pontevedra, que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: representar, xestionar, fomentar e defende-los intereses profesionais dos empresarios asociados ante toda clase de persoas e entidades, públicas e privadas, ante a Administración e as organizacións sindicais dos traballadores.

Asinan a acta de constitución: Manuel Carballo Balboa e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 4 de xullo de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra