Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación de Tratantes de Ganado de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 25 de xuño de 2001, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Manuel Porto López, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral extraordinaria celebrada o día 15 de decembro de 2000, relativo ó traslado do domicilio social da asociación, que se fixa no Mercado Nacional de Gando de Amio, Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais