Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional Sanitaria de Atención Privada (APSAP).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os

efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional Sanitaria de Atención Privada (APSAP), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os licenciados en medicina e cirurxía, diplomados en enfermería ou axudantes técnicos sanitarios que exerzan a súa praza en Atención Primaria do Sergas.

Asinan a acta de constitución: José Carlos Salas Costas e vinteúnha persoas máis.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais