Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 23 de agosto de 2001 Páx. 11.291

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2001 pola que se adxudican as axudas e bolsas correspondentes ó programa de investigación mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocadas nos anexos I e III da Orde do 3 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 20 de abril).

A orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 3 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 20 de abril) aprobaba as bases para a convocatoria de axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en ciencias e tecnoloxías mariñas (anexo I) e prórrogas das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña (anexo III) correspondente ó Programa de Investigación Mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Nas bases 7 e 6 dos anexos I e III respectivamente da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións que serán designadas polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación e polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada polas citadas comisións,

RESÓLVESE:

Primeiro.-Concede-las axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en ciencias e tecnoloxías mariñas ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución, na contía e polas anualidades que en cada caso se sinalan. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal, deberán rea

liza-la dita contratación conforme as normas establecidas nas bases da convocatoria.

Segundo.-As solicitudes que non figuran relacionadas no mencionado anexo I que foron admitidas para participar neste concurso, entenderase que quedan denegadas por non conseguiren no proceso de selección a avaliación favorable.

Terceiro.-Concedérlle-la prórroga das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña ás persoas que se relacionan no anexo II.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 3 de abril de 2001 (DOG do 20 de abril), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2001.

P.D. (Orde 3-4-2001,P.D. (Orde 3-4-2001,

DOG do 20 de abril) DOG do 20 de abril)

Joaquín Mariño CadarsoMiguel Ángel Ríos Fernández

Director xeral de FormaciónSecretario xeral de Investigación

Pesqueira e Investigacióne Desenvolvemento

ANEXO I

SOLICITANTECÓDIGO DA AXUDATÍTULO DO PROXECTOANOS2001

(MILES PTAS.)

2002

(MILES PTAS.)

2003

(MILES PTAS.)

2004

(MILES PTAS.)

TOTAL

CONCEDIDO

PERSOAL

ÁLVAREZ SALGADO, JOSÉ

ANTONIO

PGIDT01MAR40201PNREACTIVIDADE DA MATERIA ORGÁNICA DISOLTA NO SISTEMA DE AFLORAMENTO DA RÍA DE VIGO3729

CPMA

1.314

CPMA

1.260

CPMA

657

CPMA

3.960NON

ARIAS FERNÁNDEZ, Mª CRISTINA DEL PILARPGIDT01MAR30101PRINFLUENCIA DO CONTROL MICROBIANO E PARASITARIO NO CULTIVO LARVARIO E NO ENGORDE DO POLBO (OCTOPUS VULGARIS)33.495

CPMA

4.400

SXID

4.200

SXID

2.150

SXID

14.245SI

AUBOURG MARTÍNEZ, SANTIAGO PEDROPGIDT01MAR40202PRESTUDIO DOS MECANISMOS PROTEOLÍTICOS INVOLUCRADOS NA PERDA DE CALIDADE DO RODABALLO (PSETTA MAXIMA) DE CULTIVO COMERCIALIZADO FRESCO: DEFINICIÓN DE BIOMARCADORES E APLICACIÓN DE METODOLOXÍAS AVANZADAS DE CONSERVACIÓN***4.7003.6903.6001.87013.860***

Subproxectos:

AUBOURG MARTÍNEZ, SANTIAGO PEDRO33.050

CPMA

3.070

SXID

3.000

SXID

1.550

SXID

10.670SI

BARROS VELÁZQUEZ, JORGE31.650

CPMA

620

CPMA

600

CPMA

320

CPMA

3.190NON

FIGUERAS HUERTA, ANTONIOPGIDT01MAR40203PRVALIDACIÓN DA TÉCNICA DE PCR PARA O DIAGNÓSTICO DOS PARÁSITOS BONAMIA OSTREAE, PERKINCUS ATLANTICUS, MARTEILIA REFRINGENS EN MOLUSCOS BIVALVOS DE INTERESE COMERCIAL CULTIVADOS EN GALICIA***5.1066.3802.990014.476***

SOLICITANTECÓDIGO DA AXUDATÍTULO DO PROXECTOANOS2001

(MILES PTAS.)

2002

(MILES PTAS.)

2003

(MILES PTAS.)

2004

(MILES PTAS.)

TOTAL

CONCEDIDO

PERSOAL

Subproxectos:

FIGUERAS HUERTA, ANTONIO22.356

CPMA

4.400

SXID

2.000

SXID

08.756SI

MONTES PÉREZ, JAIME22.750

SXID

1.980

SXID

990

SXID

05.720NON

SÁNCHEZ PIÑÓN, LAURAPGIDT01MAR26101PRDESENVOLVEMENTO DUN MAPA XENÉTICO DE LIGAMENTO CON MARCADORES MICROSATÉLITES EN RODABALLO (SCOPHTHALMUS MAXIMUS L.)34.310

CPMA

2.676

SXID

2.676

SXID

1.338

SXID

11.000SI

TORNEIRO ABUÍN, MERCEDESPGIDT01MAR20901PRDESENVOLVEMENTO DE MÉTODOS QUÍMICOS PARA A DETECCIÓN E CUANTIFICACIÓN DE TOXINAS PARALIZANTES (PSP)33.170

CPMA

1.950

CPMA

1.960

CPMA

950

CPMA

8.030SI

VÁZQUEZ OTERO, MARÍA ELSAPGIDT01MAR30102PRPROCESOS LARVARIOS QUE DETERMINAN A VARIABILIDADE NO ASENTAMENTO DO BERBERECHO (CERASTODERMA EDULE L.) NOS BANCOS DA ENSEADA DE SAN SIMÓN, RÍA DE VIGO34.845

CPMA

3.100

SXID

3.100

SXID

1.539

SXID

12.584SI

ANEXO II

Prórroga das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña

Álvarez Ballesteros, Marta (DNI 36138608-L).

Bellas Bereijo, Juan (DNI 76414494-F).

Costas Gándara, Roberto Carlos (DNI 36116403-D).

Fernández Rodríguez, Nuria (DNI 09801244-R).