Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORDES

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión do 1 de agosto de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle promovido por Felisa Rodríguez García correspondente á zona da rúa de Campeiras e travesía da rúa Reverencia, Ordes, polo que se somete a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado na secretaría do concello para formula-las alegacións que consideren pertinentes.

Quedan suspendidas por 1 ano as licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito territorial comprendido nas áreas do mencionado plan, por supoñe-las novas determinacións modificación do réxime urbanístico vixente. A suspensión extinguirase en todo caso, coa aprobación definitiva do plan.

Ordes, 9 de agosto de 2001.

Teodosio Martino Martino

Alcalde