Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO de exposición ó público do avance do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Muros.

O Concello de Muros anuncia a exposición ó público do avance do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Muros elaborado por Oficina de Planeamento, S.A. en maio/2001 coa finalidade de que as persoas e as entidades interesadas poidan presenta-las suxestións, propostas e convenios urbanísticos que xulguen oportuno, en cumprimento do que dispón o artigo 41.1º da Lei do solo de Galicia.

O prazo de exposición ó público é o de dous meses contados desde que se publique o anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación do antedito avance está ó dispor do público nas oficinas municipais da casa do concello.

Muros, 3 de xullo de 2001.

Celestino Formoso Vidal

Alcalde